Os tres aeroportos galegos perderon pasaxeiros en maio a respecto do mesmo mes do ano pasado. Lavacolla caeu un 14,4%, Alvedro un 17,7% e Vigo, un 23,8%.

Os tres aeroportos galegos perderon pasaxeiros en maio a respecto do mesmo mes do ano pasado. Lavacolla caeu un 14,4%, Alvedro un 17,7% e Vigo, un 23,8%.
Cruz Vermella gaña o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 2012
A lucense Alessandra Aguilar incorpórase á selección española de maratón que participará nos Xogos Olímpicos, onde compartirá equipo con outra galega, Vanessa Veiga. A atleta de Lugo tivo que cumprir tres meses de dopaxe tras un erro na inxesta dun medicamento. Con esta incorporación, son xa once os atletas olímpicos galegos confirmados para Londres.
Rajoy insiste en que será a banca quen pague o préstamo da UE. "O que outros fixeron con débeda pública nós farémolo con axuda europea", asegurou o presidente do Goberno no Congreso.
Un grupo de mineiros, desaloxado do Congreso por mostrar unha camiseta reivindicativa protestando contra os recortes á mineiría.
Os prezos caen dúas décimas en Galicia. O IPC descendeu en relación ao mes anterior e a taxa interanual ten baixado até o 1,8% no país, segundo datos do INE.
Inditex gañou 432 millóns neste primeiro trimestre, un 30% máis que no mesmo período do ano pasado. A empresa galega dispárase na Bolsa un 8% logo de superar todas as previsións cos seus bos resultados.
O Ministerio de Educación e as comunidades autónomas reúnense este mércores para debater a anunciada suba das taxas universitarias
O Tribunal Supremo investigará a Telmo Martín por tráfico de influencias. A investigación xirará ao redor da venda de parte dos terreos nos que Construcuatro, da que era accionista, construíu un edificio, e a súa posterior recualificación por parte do Concello de Sanxenxo, do que Martín era alcalde.
La Región salienta que Estela Eólica presenta por fin o seu proxecto para a incineradora do Irixo. O alcalde deste concello, Manuel Penedo, cualificouno de "boa nova", aínda que recoñeceu que o soubo polo propio xornal e que os comuneros de O Campo non volveron ter contactos coa empresa.