O MUNCYT escolleu 27 mulleres que xogaron un papel fundamental na historia da investigación científica, entre elas Jimena Fernández de la Vega e Ángeles Alvariño.
Fálase
O 60% dos contratos de ministerios en 2014 adxudicáronse sen concurso, vía negociado, e gran maioría sen publicidade, segundo destaca o avance do informe ¿Quién cobra la obra?, realizado pola Fundación Civio. A investigación, que se publicará integramente no outono, foi financiada cunha campaña de microachegas. Despois do verán ofrecerá tamén datos sobre os contratos das comunidades autónomas e administracións locais.
O PP lanza a web CumPPlimos, na que asegura ter levado a cabo o 92,5% do seu programa. Foi de inmediato contestada nas redes con imitacións en ton de burla, memes e outras críticas.
Turquía busca o aval da OTAN á ofensiva militar que iniciou hai uns días contra o Estado Islámico pero tamén contra o PKK kurdo, que loita contra o EI.
34 organizacións sociais, partidos, sindicatos, asociacións de consumidores e ecoloxistas asinan un manifesto en defensa do autoconsumo eléctrico. Todos os partidos políticos agás o PP comprométense a derrogar tralas eleccións o decreto que o penaliza.
Yanis Varoufakis explica neste texto, publicado por Sin Permiso, as razóns do seu voto negativo (primeiro) e positivo (despois) ao acordo de rescate para Grecia.
A Mesa denuncia que Casas Novas "humilla unha nena por falar galego". "Si te hablo castellano tu obligación es hablarme en castellano”, disque lle dixeron as monitoras dun campamento a unha rapaza que abandonou as actividades deste centro hípico.
Ferrol únese á Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecimiento y Saneamiento (AEOPAS) na procura de asesoramiento técnico e xurídico para o proceso de remunicipalización do servizo de auga. "Un primeiro paso" cara á recuperación "do control" na xestión, destacou o alcalde, Jorge Suárez.
Os incendios de Navia de Suarna e O Courel queimaron máis de 630 hectáreas en zonas de Rede Natura esta fin de semana. O de Padrenda arrasou máis de 200.
O Congreso terá actividade en agosto, para acelerar a aprobación dos orzamentos antes da convocatoria das eleccións de outono e para debater e votar a axuda de España a Grecia