O Congreso terá actividade en agosto, para acelerar a aprobación dos orzamentos antes da convocatoria das eleccións de outono e para debater e votar a axuda de España a Grecia
Fálase
O Parlamento catalán converteuse o xoves na primeira cámara autonómica en instar o Goberno central a pechar os Centros de Internamento de Extranxeiros (CIEs). Todos os partidos, agás PP e C's, apoiaron a proposta. Os parlamentos de Madrid e a Comunidade Valenciana debaterán propostas semellantes
Martiño Noriega cre que unha candidatura de unidade coa marca Podemos "non sería crible" e advirte que unha Marea Galega pode ser mesmo "a máis votada" en Galicia. Pablo Iglesias, pola contra, segue a insistir que negocia coas mareas acordos para as xerais.
Dous incendios arrasan máis de 600 hectáreas de Rede Natura en Navia de Suarna e O Courel.
O PSOE sería a forza máis votada e Podemos segue caendo, segundo unha enquisa de Metroscopia, que dá un empate técnico entre socialistas e populares de cara ás xerais.
As bases de Podemos avalan as alianzas nas que a súa marca é irrenunciable. Un 85% dos participantes na consulta apoian a proposta de Pablo Iglesias, aínda que só participou menos do 12% da militancia.
Milleiros de persoas agardan xa na Alameda o comezo da manifestación unitaria polo Día Nacional. #ANacionGalega Foto de @bngnigran
O xuíz vincula a Púnica co financiamento do PP o 24M. Ademais, as escoitas telefónicas evidencian pagamentos en negro ordenados polo número dous do Goberno de Madrid a través de empresas adxudicatarias.
Centos de mozos reclamaron onte a independencia en Compostela. Oito organizacións (Agir, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira) convocaron a marcha unitaria que percorre as rúas compostelás.
Falece o galego García de la Riega, o militante socialista máis antigo de España. Morreu con case 100 anos logo de 80 de militancia e tras loitar no bando republicano na Guerra Civil.