O xuíz vincula a Púnica co financiamento do PP o 24M. Ademais, as escoitas telefónicas evidencian pagamentos en negro ordenados polo número dous do Goberno de Madrid a través de empresas adxudicatarias.
Fálase
Centos de mozos reclamaron onte a independencia en Compostela. Oito organizacións (Agir, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira) convocaron a marcha unitaria que percorre as rúas compostelás.
Falece o galego García de la Riega, o militante socialista máis antigo de España. Morreu con case 100 anos logo de 80 de militancia e tras loitar no bando republicano na Guerra Civil.
A Xunta alerta 165 concellos para que controlen o consumo de auga ante a seca. O Goberno enviou unha carta a todos os seus alcaldes con recomendacións.
Dimite o primeiro tenente de alcalde e voceiro do PP en Ourense. Francisco González deixa o goberno local aos 42 días de incorporarse por incompatiblidade "política" polo seu traballo na Deputación.
Pablo Iglesias, elixido candidato de Podemos co 94% dos votos. A lista que lideraba acumula case 50.000 votos nunhas primarias nas que participou menos do 16% do censo da militancia da formación política.
O lume esténdese por Galicia: 100 hectáreas queimadas en Oímbra, 60 en Compostela, 52 en Padrón, 20 en Trasmirás, o outros incendios en Xinzo, Cambados, Guntín, Lugo e Vilaboa
Alberto Núñez Feijoo responde ás críticas lanzadas por sindicatos médicos ás declaracións da conselleira Rocío Mosquera, nas que alertaba de que o sistema sanitario é "insostible". "Mentres eu sexa presidente da Xunta, está garantida. A sanidade pública é irrenunciable", declarou o presidente da Xunta.
Euskaltel compra R por 1.155 millóns. A empresa nacida en Galicia, que ata agora era propiedade do fondo luxemburgués CVC (70%) e Abanca (30%), manterá a súa marca e estrutura.
A ONU insta a España a derrogar a Lei de Amnistía e investigar os crimes do franquismo. Solicítao o Comité de Dereitos Humanos, que amosa a súa preocupación por que non se aclarasen execucións e desaparicións do pasado.