Manuel M. Barreiro analiza no seu blog o debate de onte á noite entre Núñez Feijoo e Pachi Vázquez e considera que o candidato socialista aproveitou mellor o encontro.
Fálase
Os traballadores do naval de Ferrol cortaron con barricadas as saidas das cidade esta madrugada para protestar pola falta de carga de traballo. Afirman que "isto é soamente un pequeno toque de atención" e ameazan con recrudecer a loita.
Principio de acordo para a aplicación da taxa Tobin. Once estados da UE, entre eles España, acordan a creación dun imposto ás transaccións financeiras, unha vella reivindicación de movementos como Attac.
Kalandraka vén de obter o Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial 2012 outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Serge Haroche e David J. Wineland gañan o Premio Nóbel de Física pola súa achega á "manipulación de sistemas cuánticos individuais"
Sin Permiso recupera a entrevista que Eric Hobsbawm lle concedeu a The Observer hai uns meses: "sobre Marx, as revoltas estudantis, a nova esquerda e os Miliband".
Lucas Gray (animador dos Simpsons ou de Family Guy) vén de crear un video de apoio a Obama, Why Obama Now, que está sendo moi comentado nos Estados Unidos.
O Comité de Intelixencia do Congreso de EE.UU. recomenda que a administración non use equipos de ZTE e Huawei, de fabricación chinesa, para evitar os riscos de espionaxe
Alerta máxima en Grecia ante a chegada de Angela Merkel. O Goberno ordena a 7.000 axentes manter a orde en Atenas, onde se cortou o metro e se prohibiron as manifestacións. Cóntao Público.
O debate de onte á noite entre Alberto Núñez Feijoo e Pachi Vázquez na TVG acadou un share do 31,3% e unha media de 362.000 espectadores, con picos de 700.000.