Alerta máxima en Grecia ante a chegada de Angela Merkel. O Goberno ordena a 7.000 axentes manter a orde en Atenas, onde se cortou o metro e se prohibiron as manifestacións. Cóntao Público.
Fálase
O debate de onte á noite entre Alberto Núñez Feijoo e Pachi Vázquez na TVG acadou un share do 31,3% e unha media de 362.000 espectadores, con picos de 700.000.
A compravenda de vivendas aumentou un 3% en agosto logo de 17 meses de caídas no Estado, segundo os datos feitos públicos polo INE.
Lánzase en Portugal .unha campaña polo recoñecemento do traballo sexual
Gallardón asegura en Barcelona que España non podería seguir no euro se Catalunya se independiza, o que segundo o ministro de Xustiza traería "un retroceso económico para moitas xeracións"
El Pais publica que un informe oficial desvela que a Xunta ocultou 400 millóns de déficit en 2010. Unha auditoria do Consello de Contas proba que desprazou de forma irregular 411 millóns en facturas.
Unha sondaxe de El Pais prevé unha maioria de esquerdas en Valencia. Baixan PP e PSOE, mentres que Compromis, EU e UPyD duplican os seus votos.
O FMI prevé que a economia española caerá un 1.3% en 2013, case o triplo do que calcula o Goberno. A prima de risco sobe con forza.
O diario El País relata na súa edición de mañá que "un informe oficial destapa que Feijóo ocultou déficit en 2010", trasladando facturas ao exercicio de 2011 por importe de 400 millóns de euros.
#debate21O Vázquez comprométese a eliminar os concertos para colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Feijóo repróchalle que "queira dicirlles aos pais onde teñen que mandar os nenos"