Raúl Castro anuncia que abandonará a presidencia de Cuba en cinco anos despois de ser ratificado no cargo
Fálase
Os colexios electorais italianos pecharán este luns ás tres da tarde. Ao longo do dia iranse coñecendo os resultados, que se prevé moi axustados. Na primeira xornada de votacións a abstención creceu un 8,2%.
Argo faise co Óscar ao mellor filme nuns galardóns moi repartidos. A película de Ben Affleck obtivo tres premios, A vida de Pi catro, Os miserables tres, e Lincoln e Django desencadeado, dous.
Aurelia non será desafiuzada. O avogado da anciá coruñesa e a familia propietaria chegan a un acordo. Stop Desafiuzamentos suspende a concentración de mañá diante da súa casa, segundo asegura Esquerda Unida. Máis información, este luns en Praza.
Na Terceira galega Rácing de Ferrol (66), Celta B (53), Compostela (45) e Dépor B (44) ocupan os catro postos de play-off de ascenso por diante do Pontevedra (43)
As Pontes 4-0 Alondras
Celta B 1-1 Céltiga
Dorneda 1-4 Deportivo B
Barbadás 1-1 Negreira
Pontevedra 5-0 Narón
Bergantiños 0-2 Racing Vilalbés
Ordes 0-0 Cerceda
Compostela 3-1 Rápido de Bouzas
Racing de Ferrol 3-1 Betanzos
Vilalonga 2-1 SomozasO Celta derrota o Granada en Balaídos 2-1 con goles de Iago Aspas e Mario Bermejo. Os celestes sitúanse a dous puntos da permanencia. Boa xornada tamén para os clubes galegos de 2ªB: Coruxo-Leganés 2-1 e Sporting B- Ourense 0-1
O alcalde socialista de Amoeiro, Rafael Villarino, acompañado por Laura Seara, presentarán este luns no Tribunal Supremo un recurso de casación para que o Concello lle poida cobrar o IBI á Diócesis de Ourense por algunhas das súas propiedades
No Día de Rosalía, este vídeo de Estíbaliz Espinosa e Sandra G. Rey sinala a máxima actulidade do poema A xustiza pola man, ligado ao drama dos desafiuzamentos.
O Día de Rosalía celebrou o seu acto central no Panteón dos Galegos ilustres, onde a AELG orginizou un acto de lectura e homenaxe á poeta. Tamén houbo homenaxes no lugar onde se ubicaba a súa casa natal, na Praza de Vigo de Compostela, e mais en Padrón.
Vén de comezar a manifestación en Ferrol en defensa do sector naval. Participan milleiros de persoas