#SOSFragasdoEume Os colectivos ecoloxistas Adega, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia exixen a convocatoria "urxente" da xunta consultiva do Parque Natural das Fragas do Eume para elaborar un plan que avalíe os danos do incencido e que fixe as medidas e a dotación económica para restaurar o espazo.
Fálase
#SOSFragasdoEume O delegado do Goberno central e ex conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, intervén por primeira vez desde o inicio do incendio. Ás 12 participará na concentración convocada polos concellos en Monfero e ás 12:30 visitará as tropas da UME que traballan na extinción.
A Xunta adxudícalle a Microsoft un contrato de soporte informático por 151.000 euros. O contrato foi xestionado polo procedemento "negociado sen publicidade". O Goberno galego xustifícao porque "se trata de que a Xunta dispoña dun soporte altamente especializado en tecnoloxías Microsoft" para a "resolución de problemas" baseados nelas. Podedes ver os detalles do contrato aquí
#SOSFragasdoEume A primeira e, en principio, única comparecencia pública da Xunta para informar sobre o incendio é ás 12:30 en Monfero, antes da xuntanza de Hernández cos alcaldes
#SOSFragasdoEume A Xunta confirma a xuntanza do conselleiro de Medio Ambiente cos alcaldes dos municipios afectados polo incendio, adiantada na tarde do domingo por Praza.
#SOSFragasdoEume A Xunta mantén a cifra de hectáreas queimadas e que o perímetro está "controlado"
#SOSFragasdoEume A Xunta podería dar por controlado totalmente o incendio durante esta mañá, segundo aseguraron varios axentes forestais á Radio Galega.
#SOSFragasdoEume Novo comunicado oficial da Xunta. Varían as cifras do incendio máis pequeno e a suma sitúase agora en 780 hectáreas queimadas. Seguen sen mencionarse as Fragas do Eume na información do Goberno galego. Podedes consultalo aquí.
#SOSFragasdoEume Antes das concentracións convocadas pola tarde, mañá haberá outra "en repulsa aos actos vandálicos". Será diante da casa do Concello de Monfero e conta co aval da Xunta. Contámosvolo nuns minutos en Praza.
#SOSFragasdoEume Un dos bombeiros florestais (@briflaza) dependentes do Ministerio de Agricultura que traballan no incendio amosa o esgotamento da súa brigada tras ser substituída por outra chegada dende Estremadura.