Os homes de confianza de Manuel Fernández de Sousa impidenlle a Deloitte controlar Pescanova. Ocupan postos claves, sobre todo cargos estratéxicos en filiais do grupo
Fálase
A fiscalía alíase coas defensas nalgúns dos casos de corrupción máis importantes. O representante do ministerio público opuxérase a que Miguel Blesa ingresase de novo en prisión
Renfe comeza a suprimir traxectos e frecuencias non rendibles sen avisar os viaxeiros. O plan comezou a poñerse en práctica en maio e completarase durante este mes até o vindeiro 23 de xuño.
O 14 de xuño manifestacións e concentracións en toda España, convocadas polo colectivo Carta por la Ciencia, demandarán medidas para fomentar a investigación #14Jporlaciencia. En Galicia haberá actos en Vigo, A Coruña e Compostela.
O Parlamento aproba unha iniciativa do PSdeG para pedirlle ao Goberno central que lle ceda a Galicia o imposto estatal a entidades bancarias. González Santín repróchalle á Xunta que non aplicara este tributo antes da regulación do Estado para que os bancos cedesen a Galicia 50 millóns de euros
O xuíz decreta prisión sen fianza para o ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa.
A CIG pide explicacións polo "bloqueo" no acceso a páxinas web "de contido ideolóxico de esquerdas" dende a rede corporativa da Xunta
O festival Revenidas de Vilaxoán abre a convocatoria para que músicos noveis galegos poidan participar na súa edición deste ano.
O Goberno central presenta a denominada marca España en Bruxelas cun acto que incluíu un espectáculo flamenco. Na presentación, segundo El País, o ministro de Exteriores apelou a superar a imaxe de "charanga e pandereta".
Feijóo recibe a Antonio Basagoiti en Monte Pío sen anuncialo previamente e, nun comunicado de prensa, atribúelle ao ex líder do PP vasco o "protagonismo" nun "antes e un despois na historia" de Euskadi. Basagoiti vén de deixar a actividade política para dedicarse á empresa privada.