Feijóo recibe a Antonio Basagoiti en Monte Pío sen anuncialo previamente e, nun comunicado de prensa, atribúelle ao ex líder do PP vasco o "protagonismo" nun "antes e un despois na historia" de Euskadi. Basagoiti vén de deixar a actividade política para dedicarse á empresa privada.
