UGT propón a disolución da executiva comarcal do sindicato en Vigo, crítica coa dirección galega.
Fálase
Un rápido aumento de biotoxinas pecha as principais zonas marisqueiras de Galicia
Marga Tojo entrevista a Mercedes Gallizo, ex secretaria xeral de Institucións Penitenciarias, que afirma que “a principal política de seguridade pasa por ter políticas sociais”.
Un cento de mozos españois quedan atrapados na cidade alemá de Erfurt, atraídos por unha oferta de traballo que non existía
O Congreso aprobará hoxe a lei Wert cos únicos votos do PP.
O BNG inicia unha recolleita de achegas cidadás para coñecer os "problemas" da "Galiza real" e expoñelos no debate de política xeral que se celebra a vindeira semana no Parlamento. Fano a través da iniciativa Debate sen cancelas
O Consello de Europa advirte do "excesivo uso da forza" das forzas de seguridade españolas en manifestacións e protestas. Recólleo Público.es
O Colectivo Carta por la Ciencia cualifica de "insuficiente" o incremento do orzamento para I+D nos Presupostos Xerais do Estado e denuncia o mantemento do límite do 10% na taxa de reposición de persoal. Propón a celebración dunha xornada de loito pola ciencia o vindeiro 17 de outubro, con concentracións silenciosas en toda España
Procesado o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, por presunta malversación de fondos. Cóntao El País.
El Confidencial analiza os movementos de Isidre Fainé, presidente de La Caixa, para facerse con Novagalicia Banco. A entidade catalá promete agora que manterá a galeguidade e a independencia do banco