Fálase
O tradutor de Google confunde a Manuel Fraga con Abraham Lincoln. Se escribes 'Manuel Fraga' no tradutor de galego a calquera outra lingua, este é o resultado
A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën comezará a fabricar o mes que vén novos modelos de coches económicos. Iso converterá a fábrica, instalada en Balaídos, na primeira multiplataforma do grupo galo. Cóntao Faro de Vigo
A Plataforma Galicia con Garzón convoca para este xoves ás 20:00 horas, unha concentración na Praza do Toural en Santiago de Compostela en solidariedade co xuíz Baltasar Garzón e con todas as vítimas da Ditadura e do franquismo.
Arqueólogos do Brasil acaban de descubrir o gravado en pedra máis antigo da Prehistoria. "A figura terá sido feita por grupos de caçadores recolectores que viviam na região e poderá ser uma manifestação simbólica ligada à fertilidade". A obra está en Belo Horizonte, en Minas Gerais. Cóntao o diario Público de Portugal
As primarias republicanas polarízanse entre Romney e Santorum no último debate televisivo celebrado esta noite en Arizona. Os dous candidatos están empatados nas enquisas previas ás votacións en Michigan e Arizona, previas ao decisivo 'supermartes' do 6 de marzo.
As críticas a ACTA paralizan a súa entrada en vigor. A Comisión Europea pediralle ao Tribunal de Xustiza comunitario un estudo sobre a súa legalidade
Crónica e vídeo da manifestación de apoio ao IES Lluis Vives en Vilaweb.
"O 15M ten un 'puntito' soviético" ou "A vitoria do PP prodúcese non só por maioría absoluta, senón por maioría universal" José Ignacio Wert, ministro de Educación e Cultura deixa algunhas frases para a posteridade nun libro editado pola Fundación Faes.
Os 'neutrinos superlumínicos', esas partículas que viaxaban máis rápido que a velocidade da luz descubertas hai uns meses no CERN e que causaron unha gran conmoción no mundo científico, poden non existir. Un cable mal conectado, un enlace defectuoso de fibra óptica entre unha unidade de GPS e un dos ordenadores, pode ser a razón que explique o erro na medición.