O PIB caeu un 0,4% en España no terceiro trimestre, segundo datos do Banco de España.
Fálase
Máis de 40 premios Nobel alertan a Europa da desfeita que supoñen os recortes en I+D. Importantes científicos piden nunha carta aberta aos gobernos que apoien a ciencia.
Unha televisión alemá alerta que xa existe traballo infantil en Portugal. A RTL emite unha reportaxe na que se advirte que hai nenos que traballan logo de facer os deberes. Cóntao El Diario.
Facenda descontará aos funcionarios a cotización pola extra de Nadal que non cobrarán.
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan en Sin Permiso os resultados das eleccións do 21-O. Celebran o crecemento da esquerda antineoliberal en Galicia e Euskadi e anticipan que se achega unha "treboada" en outono por mor do rescate, os novos recorte e "a crise do réxime".
Un grupo de persoas afectadas polos desahucios comezan unha acampada indefinida ante a sede de Bankia para esixir a dación en pago e o aluguer social. A protesta está promovida pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca e varias asembleas de barrio do 15M.
Os malos resultados electorais do PSOE en Euskadi e sobre todo en Galicia e a súa influencia na estatexia do partido en toda España destacan nas portadas de prensa impresa esta mañá: "El PSOE promete una "renovación ideológica" tras su desplome" (El Pais), "La devacle electoral reabre la inestabilidad en el PSOE" (La Vanguardia) ou "La devacle del PSOE fuerza un giro social en el PSC" (El Periódico)
CiU sobe até 67 escanos e quedaria a un só escano da maioria absoluta segundo unha sondaxe de RAC1. O PSC baixaria até 21, o PP manteriase en 17, ERC sobre até 14, ICV a 12 e Ciutadans a 4.
Obama imponse a Romney no derradeiro debate electoral, que se celebrou esta madrugada en Florida e que se centrou na politica exterior. As sondaxes de CNN e CBS outorgan unha clara vitoria ao candidato demócrata.
Francisco Caamaño afirma sobre Rubalcaba que "non necesitamos un paracaidas para ralentizar o desplome, necesitamos unhas ás" e engade que "hai que comezar a falar moi seriamente da renovación orgánica e ideolóxica. Necesitamos un liderado capaz de crear esas ás e necesitámolo con urxencia".