O colectivo Ciencia con Futuro pon en marcha a campaña Apadriña un científico para protestar polos recortes á investigación por parte do goberno de Rajoy.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/535deba7dfc7e-imagen.jpg)
O colectivo Ciencia con Futuro pon en marcha a campaña Apadriña un científico para protestar polos recortes á investigación por parte do goberno de Rajoy.
A comisión científico-técnica creada tras o accidente do Alvia en Compostela recomenda a revisión urxente de toda a rede ferroviaria e 30 medidas concretas de seguridade no trazado. O informe esixe tamén comprobar os sinais e as normas.
O Celta B descende a Terceira División logo de empatar co Burgos (3-3). O Coruxo, pola contra, dá un paso de xigante para manterse na 2ªB tras vencer o Zamora (3-1), mentres que o Ourense empata coa Leonesa (1-1). A directiva do clube vermello dimitirá tal e como pedían os xogadores. Ademais, o Compostela caeu o sábado ante o Noja (2-1).
O Breogán cae con claridade ante o Burgos (94-54) no segundo partido das semifinais do play-off de ascenso á ACB.
O Somozas mantense no liderado da Terceira División malia empatar (0-0) co Barbadás. No resto da xornada: Dorneda 1-2 Fabril; Boiro 0-0 Pontevedra, Choco 4-2 Rápido de Bouzas; Arousa 2-0 Laracha; Ordes 3-0 Negreira; Racing Vilalbés 2-3 Alondras; Grixoa 0-0 Betanzos; Cultural 1-3 As Pontes; Bertamiráns 0-2 Cerceda.
Pemex, a empresa con máis perdas de Latinoamérica. Os números vermellos da petroleira, que perdeu 9.271 millóns, contrastan cos beneficios de Petrobras, outra das compañías coas que negociou Feijóo, segundo conta Economía Digital.
Gómez Noya gaña a segunda proba das series mundiais de triatlón en Cidade do Cabo por diante de Jonathan Brownlee e aséntase no liderado tras vencer tamén na primeira proba en Auckland.
Besteiro di que "haberá imputados nas listas socialistas se os militantes así o deciden". O secretario xeral do PSdeG asegurouno nunha entrevista na Cadena Ser.
O Ministerio do Interior quere unha policía máis "patriótica", máis moza e máis nacional, segundo informa El País. Os sindicatos son contrarios aos cambios que prepara o Goberno.
O PP gañaría as eleccións europeas segundo unha enquisa para ABC. A coalición liderada por IU, onde se integra Anova, acadaría seis deputados, mentres que a unión de Bildu e BNG tamén obtería representación. Seis de cada dez votantes optarían por PP ou PSOE nos comicios do 25 de maio.