O Breogán cae con claridade ante o Burgos (94-54) no segundo partido das semifinais do play-off de ascenso á ACB.
Fálase
O Somozas mantense no liderado da Terceira División malia empatar (0-0) co Barbadás. No resto da xornada: Dorneda 1-2 Fabril; Boiro 0-0 Pontevedra, Choco 4-2 Rápido de Bouzas; Arousa 2-0 Laracha; Ordes 3-0 Negreira; Racing Vilalbés 2-3 Alondras; Grixoa 0-0 Betanzos; Cultural 1-3 As Pontes; Bertamiráns 0-2 Cerceda.
Pemex, a empresa con máis perdas de Latinoamérica. Os números vermellos da petroleira, que perdeu 9.271 millóns, contrastan cos beneficios de Petrobras, outra das compañías coas que negociou Feijóo, segundo conta Economía Digital.
Gómez Noya gaña a segunda proba das series mundiais de triatlón en Cidade do Cabo por diante de Jonathan Brownlee e aséntase no liderado tras vencer tamén na primeira proba en Auckland.
Besteiro di que "haberá imputados nas listas socialistas se os militantes así o deciden". O secretario xeral do PSdeG asegurouno nunha entrevista na Cadena Ser.
O Ministerio do Interior quere unha policía máis "patriótica", máis moza e máis nacional, segundo informa El País. Os sindicatos son contrarios aos cambios que prepara o Goberno.
O PP gañaría as eleccións europeas segundo unha enquisa para ABC. A coalición liderada por IU, onde se integra Anova, acadaría seis deputados, mentres que a unión de Bildu e BNG tamén obtería representación. Seis de cada dez votantes optarían por PP ou PSOE nos comicios do 25 de maio.
BNG e AGE celebran importantes actos electorais esta mañá en Compostela. O Bloque ten o seu encontro nacional aberto das eleccións europeas ás 12 no Auditorio de Galicia, mentres que Alternativa recibe a Alexis Tsipras, líder de Syriza, nun acto internacional a partir das 11.30 no Pazo de Congresos. Toda a información, hoxe en Praza.
Feijóo volve criticar a "irrelevancia" doutros candidatos ao Parlamento Europeo, malia que foron Ana Miranda (BNG) ou Sánchez Presed (PSdeG) os eurodeputados galegos que realizaron máis actividades ligadas co país nesta lexislatura.
Máis da metade dos pacientes operados no Sergas xa son enviados a casa o mesmo día. As intervencións sen hospitalización superan por primeira vez ás que requiren ingreso.