Feijóo volve criticar a "irrelevancia" doutros candidatos ao Parlamento Europeo, malia que foron Ana Miranda (BNG) ou Sánchez Presed (PSdeG) os eurodeputados galegos que realizaron máis actividades ligadas co país nesta lexislatura.
Fálase
Máis da metade dos pacientes operados no Sergas xa son enviados a casa o mesmo día. As intervencións sen hospitalización superan por primeira vez ás que requiren ingreso.
Jove impulsa unha urbanización con case 700 casas e campo de golf en Oleiros. O Concello aproba mañá un proxecto que leva dez anos preparándose.
O xuíz Castro encara o final do caso Nóos convencido de que sentará a infanta no banco dos acusados. O maxistrado podería sinalar a Cristina de Borbón como cómplice do delito fiscal do seu marido.
O Deportivo cae goleado na casa ante a Ponferradina (0-3) nun mal partido dos coruñeses. O Lugo perde tamén en Gijón ante o Sporting (2-0).
A Mesa celebrou esta mañá a súa asemblea xeral na Coruña, na que se elixiu a Marcos Maceira como novo presidente logo da renuncia de Carlos Callón. Imaxe de @onosolar.
O BNG conmemora a loita dos mártires de Carral. "Segue igual de vixente ante un PP que lamina o noso autogoberno", di o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ante o monumento que lembra aos fusilados hai 168 anos.
A asemblea nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade celébrase en Teo desde as 10 da mañá. Máis de 30 colectivos están representados neste encontro. Imaxe de @frentepg.
Un xuíz ratifica que Aznar cobrou sobresoldos do PP e non xustificou o seu finiquito. "Os datos extráense da contabilidade oficial do partido", aclara a sentenza.
O Breogán perde o primeiro partido de semifinais dos play-off de ascenso á ACB. O equipo lucense deu a cara en Burgos pero caeu (68-64) malia ter opcións até o final do partido.