Isabel Vilalba continúa á fronte do SLG, que celebrou o seu IX congreso, tras o que renova a súa estrutura organizativa e humana para "afrontar a loita pola terra, os prezos e a soberanía alimentaria dos vindeiros catro anos".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56e53eec8a7d5-0020nova20direccic3b3n20nacional20do20slg20web.jpg)
Isabel Vilalba continúa á fronte do SLG, que celebrou o seu IX congreso, tras o que renova a súa estrutura organizativa e humana para "afrontar a loita pola terra, os prezos e a soberanía alimentaria dos vindeiros catro anos".
Galicia repetiría os resultados de volverse celebrar eleccións xerais, segundo unha enquisa de Sondaxe. A nivel estatal, Ciudadanos e o PP estarían preto de sumar para unha maioría absoluta. Nun inquérito de Metroscopia, Ciudadanos superaría a Podemos.
Errejón chama a fortalecer as mareas, que ve como líderes do movemento que "gobernará Galicia". O número dous de Podemos participou nas xornadas Das prazas ás institucións: o cambio avanza contigo, en Pontevedra.
PSOE e Podemos pactan unidade de acción en parte das votacións do primeiro pleno do Congreso. Melloras para as traballadoras do fogar ou recuperar a negociación sobre as pensións son algúns dos acordos.
Rajoy envía unha carta aos pontevedreses na que espera que se lle retire a declaración de "non grato" e lamenta que concelleiros intentaran facerlle "dano". "Non renunciarei a Pontevedra", di a través do Faro de Vigo. O presidente do Goberno central participa hoxe no congreso do PP provincial.
Telmo Martín renuncia a cobrar a indemnización solicitada como ex deputado. Cre que a súa petición "xerou unha polémica" que non quere "seguir alimentando".
Diego Calvo, elixido presidente provincial do PP da Coruña con máis do 92% dos votos. O novo líder do PP coruñés reivindica o partido como "o da xente común".
A dirección de EH Bildu propón a Otegi como candidato a lehendakari para as eleccións autonómicas vascas prevista para o vindeiro mes de outubro.
Un ciclista morto e dez feridos nun atropelo na Guarda. O condutor fuxiu pero deixou a matrícula no seu intento. Os ciclistas circulaban entre Baiona e A Guarda.
Desenvólvense en Pontevedra as xornadas Das prazas ás institucións, nas que participan representantes de candidaturas cidadás e de movementos sociais de Galicia e do Estado. Foto: @Agora_Podemos