Diego Calvo, elixido presidente provincial do PP da Coruña con máis do 92% dos votos. O novo líder do PP coruñés reivindica o partido como "o da xente común".
Fálase
A dirección de EH Bildu propón a Otegi como candidato a lehendakari para as eleccións autonómicas vascas prevista para o vindeiro mes de outubro.
Un ciclista morto e dez feridos nun atropelo na Guarda. O condutor fuxiu pero deixou a matrícula no seu intento. Os ciclistas circulaban entre Baiona e A Guarda.
Desenvólvense en Pontevedra as xornadas Das prazas ás institucións, nas que participan representantes de candidaturas cidadás e de movementos sociais de Galicia e do Estado. Foto: @Agora_Podemos
As protestas obrigan a suspender un mitin de Trump en Chicago. Un seguidor do candidato golpea un mozo que protestaba contra o polémico aspirante a liderar o Partido Republicano nos comicios.
Josep María Álvarez, novo secretario xeral da UGT. O líder do sindicato en Catalunya vence a Cilleros por tan só 17 votos tras unha tensa disputa polo control da central sindical.
Besteiro convoca de urxencia a Executiva Nacional do PSdeG para este sábado ás cinco da tarde. A convocatoria chega despois da notificación de que a xuíza De Lara o cita como investigado no caso 'Pulpo'.
As premiadas cos Premios Estatais do Traballo Social reciben o seu galardón en Compostela. Na imaxe, Maje Girona, Ana I. Lima, Gabirel Sáchez, coordinadora de Desalambre de eldiario.es, e Patrocinio de las Heras. Ignacio Escolar enviou un vídeo de agradecemento.
A xuíza De Lara imputa a Besteiro na operación 'Pulpo' xunto a outras seis persoas, entre elas o xefe de protocolo da Deputación de Lugo e o empresario Raúl López, presidente de Monbús. A información, hoxe en Praza.
O PSdeG abre un espazo web de recolleita de propostas para o seu programa das eleccións galegas, cuxo equipo coordinador foi presentado este venres. Besteiro subliña que os socialistas son os primeiros en comezar a elaborar un programa para "cambiar Galicia".