O PSdeG abre un espazo web de recolleita de propostas para o seu programa das eleccións galegas, cuxo equipo coordinador foi presentado este venres. Besteiro subliña que os socialistas son os primeiros en comezar a elaborar un programa para "cambiar Galicia".
