O Censo de 2021, elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, incluirá información sobre onde durmimos, onde traballamos e como nos movemos grazas aos datos que almacenan as antenas de telefonía sobre os nosos dispositivos móbiles
Fálase
Pedro Sánchez garante unha "axenda galega" no Goberno de España se chega á presidencia. Afirmouno na Coruña, onde se atopa xunto a Besteiro e outros cargos do PSdeG. Máis información, hoxe en Praza.
En marcha as homenaxes e mobilizacións polo Día da Clase Obreira Galega. Toda a información, hoxe en Praza (nas imaxes, os actos da CIG ante o monumento a Amador e Daniel en Ferrol).
O ministro de Xustiza en funcións anuncia unha investigación pola publicación en eldiario.es das mensaxes de apoio dos actuais reis de España a un implicado no caso das tarxetas black de Caja Madrid. EDITORIAL de Praza Pública
O Porto de Vigo non lle concedeu autorización para atracar ao barco holandés MS Sea-Eye, dunha ONG alemá, que se dirixe ao Mediterráneo para colaborar nos labores de rescate no mar aos refuxiados que cruzan dende Turquía a Grecia. As embarcacións que participan na Arribada tiñan prioridade e o buque tivo que seguir o seu camiño, en dirección a Málaga, onde chegará nuns días.
Unha das principais empresas produtoras de produtos homeopáticos admiten non saber como funcionan. Cóntao Microsiervos
Once autonomías reiteran que están dispostas a acoller persoas refuxiadas e instan o Goberno central a poñer os medios necesarios para facelo. A Xunta, que o pasado outono anunciou un plan de acollida, non asina a declaración, que é posible consultar nesta ligazón
Turkish Airlines cambia Galicia polo Porto. A aeroliña turca confirma que deixará de operar dende Lavacolla dende xuño.
Rajoy négase a debater no Congreso sobre o pacto de deportación masiva de persoas refuxiadas. O acordo da UE con Turquía é rexeitado pola maioría absoluta da Cámara Baixa. Cóntao El País
O propietario de Leite Río ameaza con levar a súa fábrica de Lugo se ten que demolela, como ordena o Tribunal Supremo. Cóntao El Progreso