Once autonomías reiteran que están dispostas a acoller persoas refuxiadas e instan o Goberno central a poñer os medios necesarios para facelo. A Xunta, que o pasado outono anunciou un plan de acollida, non asina a declaración, que é posible consultar nesta ligazón
Fálase
Turkish Airlines cambia Galicia polo Porto. A aeroliña turca confirma que deixará de operar dende Lavacolla dende xuño.
Rajoy négase a debater no Congreso sobre o pacto de deportación masiva de persoas refuxiadas. O acordo da UE con Turquía é rexeitado pola maioría absoluta da Cámara Baixa. Cóntao El País
O propietario de Leite Río ameaza con levar a súa fábrica de Lugo se ten que demolela, como ordena o Tribunal Supremo. Cóntao El Progreso
Así vulnera os dereitos das persoas refuxiadas o goberno de Turquía, novo socio preferente da UE para abordar a crise migratoria. Unha reportaxe de eldiario.es
A Xunta afirma que seguirá a autorizar parques eólicos malia á anulación xudicial do seu concurso. Cóntao Faro de Vigo
Pedro Sánchez subliña que, se Besteiro decide concorrer á Xunta, terá "todo" o seu "apoio". O líder do PSOE, que este xoves visita A Coruña e Mesía, afírmao nunha entrevista en La Voz de Galicia
Interior envía a Galicia ao comisario da UDEF da Gürtel e dos papeis de Bárcenas. Cóntao El Confidencial, que revela que el mesmo tería solicitado o traslado.
Nidia Arévalo será vicepresidenta e voceira do PP de Pontevedra. O futuro responsable dos populares na provincia elixe a alcaldesa de Mos como a súa número 2.
Pallasos en Rebeldía levou a cabo unha acción de protesta ante a valla que -na fronteira entre Grecia e Macedonia- busca impedir o tránsito dos e das refuxiadas que foxen da guerra en Siria. O colectivo artístico desprazouse ao campamento de Idomeni, onde realizou espectáculos para os nenos e nenas, denunciou o desamparo que sofren as persoas que alí se amorean e entregou 1.500 euros á ONG Refugee Care, que alerta da situación de extrema necesidade na que se atopan.