Pallasos en Rebeldía levou a cabo unha acción de protesta ante a valla que -na fronteira entre Grecia e Macedonia- busca impedir o tránsito dos e das refuxiadas que foxen da guerra en Siria. O colectivo artístico desprazouse ao campamento de Idomeni, onde realizou espectáculos para os nenos e nenas, denunciou o desamparo que sofren as persoas que alí se amorean e entregou 1.500 euros á ONG Refugee Care, que alerta da situación de extrema necesidade na que se atopan.
