Interior envía a Galicia ao comisario da UDEF da Gürtel e dos papeis de Bárcenas. Cóntao El Confidencial, que revela que el mesmo tería solicitado o traslado.
Fálase
Nidia Arévalo será vicepresidenta e voceira do PP de Pontevedra. O futuro responsable dos populares na provincia elixe a alcaldesa de Mos como a súa número 2.
Pallasos en Rebeldía levou a cabo unha acción de protesta ante a valla que -na fronteira entre Grecia e Macedonia- busca impedir o tránsito dos e das refuxiadas que foxen da guerra en Siria. O colectivo artístico desprazouse ao campamento de Idomeni, onde realizou espectáculos para os nenos e nenas, denunciou o desamparo que sofren as persoas que alí se amorean e entregou 1.500 euros á ONG Refugee Care, que alerta da situación de extrema necesidade na que se atopan.
O Concello de Ferrol estuda crear un novo aparcamento gratuíto no Hospital Arquitecto Marcide, que dispón do segundo parking privado máis caro dos hospitais galegos, cun custe de 15 euros diarios
O Ateneo Ferrolán acolle esta tarde (19 horas) un acto, organizado por Esquerda Unida, para visiblizar e reivindicar o papel das mulleres nos acontecementos do 10 de marzo do 72. Intervirán Cristina Almeida, Sari Alabau, Mariluz Canal e Fina Varela
A Policía rexistra o Concello da Coruña por contratos de 2011 e 2012. Os axentes levou contratos da Concellería de Cultura tras unhas dilixencias abertas polo xulgado de instrución número 1 da Coruña.
Son xa oito as persoas imputadas na investigación a Vidal Armadores por pesca ilegal, seis delas arrestadas. Dende 1999, os barcos da empresa foron detidos en 11 ocasións e recibiron multas por valor de tres millóns. A pesar diso, a compañía obtivo 16 millóns de euros en subvencións
Inditex gañou un 15% máis, ata case 3.000 millóns de euros no seu ano fiscal 2015-2016. As vendas do grupo téxtil alcanzan case os 21.000 millóns.
Os reis de España apoiaron un implicado no caso das tarxetas black de Caja Madrid cando estourou o escándalo. Revélao en exclusiva eldiario.es
O Consello de Informativos de TVE critica a designación de Eladio Jareño -antigo dircom do PP en Cataluña- como director da televisión pública. Cualifícano de "partidista, censor e manipulador" e din que culmina a "colonización política" do ente.