O ministro de Xustiza en funcións anuncia unha investigación pola publicación en eldiario.es das mensaxes de apoio dos actuais reis de España a un implicado no caso das tarxetas black de Caja Madrid. EDITORIAL de Praza Pública
Fálase
O Porto de Vigo non lle concedeu autorización para atracar ao barco holandés MS Sea-Eye, dunha ONG alemá, que se dirixe ao Mediterráneo para colaborar nos labores de rescate no mar aos refuxiados que cruzan dende Turquía a Grecia. As embarcacións que participan na Arribada tiñan prioridade e o buque tivo que seguir o seu camiño, en dirección a Málaga, onde chegará nuns días.
Unha das principais empresas produtoras de produtos homeopáticos admiten non saber como funcionan. Cóntao Microsiervos
Once autonomías reiteran que están dispostas a acoller persoas refuxiadas e instan o Goberno central a poñer os medios necesarios para facelo. A Xunta, que o pasado outono anunciou un plan de acollida, non asina a declaración, que é posible consultar nesta ligazón
Turkish Airlines cambia Galicia polo Porto. A aeroliña turca confirma que deixará de operar dende Lavacolla dende xuño.
Rajoy négase a debater no Congreso sobre o pacto de deportación masiva de persoas refuxiadas. O acordo da UE con Turquía é rexeitado pola maioría absoluta da Cámara Baixa. Cóntao El País
O propietario de Leite Río ameaza con levar a súa fábrica de Lugo se ten que demolela, como ordena o Tribunal Supremo. Cóntao El Progreso
Así vulnera os dereitos das persoas refuxiadas o goberno de Turquía, novo socio preferente da UE para abordar a crise migratoria. Unha reportaxe de eldiario.es
A Xunta afirma que seguirá a autorizar parques eólicos malia á anulación xudicial do seu concurso. Cóntao Faro de Vigo
Pedro Sánchez subliña que, se Besteiro decide concorrer á Xunta, terá "todo" o seu "apoio". O líder do PSOE, que este xoves visita A Coruña e Mesía, afírmao nunha entrevista en La Voz de Galicia