O Porto de Vigo non lle concedeu autorización para atracar ao barco holandés MS Sea-Eye, dunha ONG alemá, que se dirixe ao Mediterráneo para colaborar nos labores de rescate no mar aos refuxiados que cruzan dende Turquía a Grecia. As embarcacións que participan na Arribada tiñan prioridade e o buque tivo que seguir o seu camiño, en dirección a Málaga, onde chegará nuns días.
