Feijóo rexeita que asinase "ningún contrato" dende o Sergas con empresas relacionadas con Marcial Dorado. E engade "entre Dorado e mais eu non hai amizade estreita nin ancha" e asegura que "cando se publica que ten unha causa pendente, corto a relación"
Fálase
Feijóo rexeita que vaia dimitir porque non fixo nada "ilegal" e di coñecer a existencia das fotos dende "2003 ou 2004". Afirma que quen tentou "amedrentalo" son "os mesmos" que "insinuaron que eu tiña que ver con actividades ilegais", pero evita acusar a Vázquez. Di que comparecerá no Parlamento se o PP "o considera oportuno"
Feijóo afirma que "esas fotos son só unhas fotos, non hai máis ca iso. Así se corroborou nas investigacións de Taín, Garzón e Marlaska" e engade que "teño tranquilidade; despois de catro anos gobernando só puideron amedrentarme con fotos de hai vinte anos"
A comparecencia de Feijóo, que vén de comezar, xerou unha grande expectación entre medios galegos e de todo o Estado
- Pachi Vázquez di que Feijóo "non pode manter" a Presidencia da Xunta se non demostra que "todo" o publicado a respecto da súa "relación" co narco Marcial Dorado é "falso"
A xustiza india frustra a intención da multinacional Novartis de patentar un medicamento contra o cancro que xa existía como xenérico. Grazas á lei de patentes india, o prezo do tratamento contra a sida en todo o mundo baixou un 99%
Sinpermiso publica un dossier sobre o cumio dos BRICS celebrado a pasada semana.
O New York Times corrixe un obituario que destacaba as cualidades de ama de casa dunha científica. As queixas dos lectores obrigaron o xornal a modificar o texto.
A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de repulsa polo asasinato por violencia machista de Elena Dumitro en Lugo. Será este martes ás oito da tarde diante do Marco de Vigo.
As Xuventudes Socialistas pidenlle ao PSOE abrir o debate sobre o monarquía. A organización xuvenil quere que se discuta sobre o "camiño cara á república" no foro de maio e na Conferencia Política de outubro