A comparecencia de Feijóo, que vén de comezar, xerou unha grande expectación entre medios galegos e de todo o Estado
Fálase
- Pachi Vázquez di que Feijóo "non pode manter" a Presidencia da Xunta se non demostra que "todo" o publicado a respecto da súa "relación" co narco Marcial Dorado é "falso"
A xustiza india frustra a intención da multinacional Novartis de patentar un medicamento contra o cancro que xa existía como xenérico. Grazas á lei de patentes india, o prezo do tratamento contra a sida en todo o mundo baixou un 99%
Sinpermiso publica un dossier sobre o cumio dos BRICS celebrado a pasada semana.
O New York Times corrixe un obituario que destacaba as cualidades de ama de casa dunha científica. As queixas dos lectores obrigaron o xornal a modificar o texto.
A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de repulsa polo asasinato por violencia machista de Elena Dumitro en Lugo. Será este martes ás oito da tarde diante do Marco de Vigo.
As Xuventudes Socialistas pidenlle ao PSOE abrir o debate sobre o monarquía. A organización xuvenil quere que se discuta sobre o "camiño cara á república" no foro de maio e na Conferencia Política de outubro
O peche do túnel da Cañiza provocou colas quilométricas na volta a Vigo de milleiros de condutores este domingo. A autovía A-52 rexistrou caravanas de sete quilómetros
Seis homes queimáronse ao bonzo nas últimas seis semanas en Bulgaria, o país máis pobre da UE. Un Goberno provisional trata de manexar a inestabilidade do país até que se celebren eleccións anticipadas en maio
A tarifa da luz baixará un 6,6 por cento este luns e a do gas natural quedará conxelada.