Estudantes da Escola de Arquitectura da Coruña manifestáronse esta tarde ante a presidenta do Parlamento, que inauguraba unha exposición na institución académica. Ao entregárenlle un manifesto coas súas reivindicacións Pilar Rojo retrucou "me da igual", segundo recolle este vídeo gravado por Acampada ETSAC
Fálase
As dez principais axencias europeas de noticias crean Europhoto, un portal con traballos fotoxornalísticos de todo o continente. Nel pódense atopar diversas imaxes tomadas en Galicia, dende mitins a prol do Estatuto do 36 ata actos de exaltación a Franco, manifestacións pola autonomía a comezos dos 80 ou actos políticos de Manuel Fraga e José María Aznar.
A xuíza Pilar de Lara, que instrúe a operación Pokémon, volve interrogar a Conde Roa, segundo recolle El País.. O ex alcalde de Santiago, que comparece en calidade de imputado, xa compareceu esta mañá durante cinco horas.
A empresa española Mango vese obrigada a corrixir en Francia o nome dunha pulseira tipo "escrava". Diversos personaxes públicos franceses chamaran ao boicot contra os produtos desta compañía por enxalzar o escravismo. Cóntao Expansión.
O fiscal xeral do Estado inicia os trámites para destituír o fiscal superior de Catalunya, Martín Rodríguez-Sol, por considerar lexítima a realización de consultas á cidadanía sobre a soberanía catalá. Cóntao El Diario.
A Oficina Dereitos Sociais de Coia, o Grupo Axitación Social e Baladre organizan este sábado en Vigo o Obradoiro de ferramentas para a transformacion social "Da RISGA á Renda Básica das Iguais".
O ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, xa abandonou os xulgados de Lugo. Declarou durante cinco horas en calidade de imputado no caso Pokémon.
A SEPI inicia xestións para que Bruxelas levante o veto á construción civil en Navantia e ao dique flotante. Asegúrao logo dunha reunión cos alcaldes da mancomunidade ferrolá e co comité de empresa.
Amancio Ortega xa é a terceira persoa máis rica do mundo, segundo a revista Forbes. O fundador de Inditex sobe dous postos na lista que encabeza o empresario mexicano Carlos Slim.
Núñez Feijóo asegura que Bárcenas lle "repugna" e cre que o PP "debe dar explicacións sobre este asunto". O presidente da Xunta presume do apoio popular que lle deu a cidadanía nas últimas eleccións autonómicas durante unha entrevista en Cuatro.