Amaiur considera que a banca "non necesita ser rescatada, senón investigada, procesada e xulgada"
Fálase
As barricadas dos mineiros volven cortar as estradas asturianas nunha nova xornada de protesta. Catro vías están sendo afectadas (A-8, N-634, A-63 e A-66). Imaxe de @kirovast
O FMI dá un prazo de "tres meses" para salvar o euro. A directora xerente do organismo, Christine Lagarde, asegurouno así nunha entrevista na CNN, pero non se atreveu a previr se Grecia sairá da Eurozona.
O Premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz afirma que "o rescate financeiro a España non funcionará". Stiglitz argumenta que o incremento da débeda pública e do deficit obrigará ao Estado a pedir axuda aos banco que agora está salvando e pide que se aposte por estimular o crecemento.
The Economist publica un mapa mundial da débeda pública coa evolución anual deste indicador por países e un contador continuo
Traballadores de Alcoa marchan a pé a Santiago para defender o seu futuro. Chegarán este mércores ao mediodía a San Caetano, onde se concentrarán
La Región, xornal afín a Baltar, segue cargando nas súas portadas contra Núñez Feijoo, denunciando un trato desfavorable para a provincia de Ourense. Desta vez afirma que "A obra pública da Xunta caeu en Ourense un 87% con respecto a 2011"
The Guardian especula con que España necesitará un rescate meirande do anunciado. Analiza que non será capaz de pagar os intereses do crédito á banca e á vez o 6,5% a dez anos que está pagando actualmente para financiarse
Esquerda Unida chama a saír á rúa contra o rescate, en coordinación co 15M, os sindicatos e outras organizacións sociais.
Medio millón de seguidores apoian a Chávez en Caracas no acto no que o presidente de Venezuela anuncia oficialmente a súa candidatura á reelección nas eleccións do 7 de outubro