O PP está a piques de perder a Alcaldía do Valadouro por mor dunha moción de censura apoiada por PSdeG, BNG e un grupo independente. Cóntao El Progreso
Fálase
O Goberno andaluz inicia o primeiro trámite de expropiación dun piso baleiro. É propiedade dunha sociedade financeira. Cóntao El Diario
Os herdeiros de Manuel Fraga poñen á venda o seu chalé de Perbes, segundo conta La Voz
Fernández de Sousa explica a crise de Pescanova nunha entrevista á Cadena Ser. Nega os 3.000 milllóns de euros no pasivo alegando o valor da marca, dos investimentos e dos procesos de I+D. Máis información, nuns minutos en Praza.
Os malos datos da actividade manufactureira en China provocan unha caída do 7% do Nikkei e as demais bolsas asiáticas. O Ibex cae máis do 2% na apertura.
O 23 de maio de 1995 presentouse a linguaxe de programación Java
A evasión fiscal cústalle 1.900 euros ao ano a cada galego. Facenda deixa de ingresar 5.233 millóns en Galicia por este motivo.
Aznar reaparecerá o luns no Congreso en plena treboada polas súas críticas a Rajoy. Presentará as biografías de Cánovas, Maura e Silvela editadas pola Fundación FAES
A reforma migratoria proposta por Obama obterá unha vitoria no Senado norteamericano. Máis complexo será o seu paso polo Congreso, con maioria republicana.
A suspensión do programa de El Intermedio que ía falar sobre Aznar provoca receos na rede. O espazo no se emitiu este mércores por "problemas técnicos", pero anuncia que este xoves emitirán o mesmo que tiñan previsto para o mércores.