Este domingo comezou en Galicia a tempada de caza, que chegará ata o 6 de xaneiro. Unha nova morte relacionada con esta actividade, a pasada semana, reabriu o debate sobre a participación de menores de idade.
Fálase
Marea Atlántica critica que o PSdeG-PSOE pida entrar no Goberno local "a base de insultos e descalificacións" e "sen propostas políticas" e insiste en consensuar os orzamentos antes de falar dunha posible coalición.
Nun editorial El País volve recomendarlle ao PSOE que se absteña para evitar unhas novas eleccións, facilitando un Goberno de Rajoy. O editorial xustifica esta opción na enquisa publicada este sábado pola noite no xornal, que augura un forte descenso dos socialistas nuns hipotéticos terceiros comicios e unha cómoda maioría de PP e Ciudadanos.
Miquel Iceta gaña as primarias do PSC, superando por 54% contra 46% a Núria Parlon, e seguirá liderando a formación catalá. Os dous candidatos apostaban por votar non á investidura de Rajoy, mesmo se o PSOE opta pola abstención.
Ás 19 horas comezan en Vigo, A Coruña, Ferrol e Ourense mobilizacións contra o CETA e o TTIP. Ás 20 horas farao en Lugo. Hoxe ao mediodía Pontevedra xa acolleu unha concentración contra os tratados de comercio con Canadá e os EE.UU.
Ana Pontón afirma que o BNG “vai traballar desde o Parlamento e desde a rúa” para “liderar a alternativa ao PP en 4 anos”. O Bloque presentou o seu grupo parlamentario ante medio milleiro de simpatizantes en Compostela.
A Deputación da Coruña e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) organizaron un acto conmemorativo que reuniu a máis de 150 mulleres que viven en traballan no campo para “reivindicar o seu labor” e “facer visible o rol esencial que desempeñan no desenvolvemento social e económico do rural coruñés”
O 22% dos asalariados e asalariadas españolas cobra menos de 300 euros ao mes, seis puntos máis que no 2008. O 35% dos traballadores e traballadoras teñen un soldo inferior ao salario mínimo (655 euros en 14 pagas)
O Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) presentarase ás eleccións mexicanas de 2018 a través do Congreso Nacional Indíxena (CNI) e cunha muller como candidata á Presidencia. “Chegou o momento de atacar e de darlle ao sistema onde máis lle doe: na clase política”, destacouse, engadindo que "non queremos o poder, senón poder facer, que sexan as nosas asembleas as que gobernen”
Os homes acaparan o 97% dos premios Nobel de ciencia. Dende 1901 tan só 18 mulleres foron recoñecidas, fronte a 590 varóns. Neste 2016, de novo houbo monopolio masculino, que historicamente é do 99% en Física, do 98% en Química e do 94% en Medicina