O Concello de Pontevedra gaña un premio da ONU polo seu modelo urbano. Veno de anunciar o seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, esta mañá logo de que Fomento lle comunicase a concesión do prestixioso ONU-Hábitat.
Fálase
O xuíz ordena a detención de tres curas e un laico acusados de abusos en Granada. Outras catro persoas serán imputadas por encubrir o delito.
Este mércores celebrarase na Parroquia do Cristo da Victoria, en Coia, un acto cívico en homenaxe a David Reboredo, finado esta fin de semana por mor dun cancro.
A revista 15/15\15, centrada no decrecemento e a crise de civilización, está a piques de rematar o seu proceso de crowdfunding, no que recadou case dez mil euros para poñer en marcha a publicación.
A enquisa de El Mundo dálle a vitoria a Podemos nas eleccións xerais co 28,3% dos votos, por diante do PP (26,3%) e do PSOE (20,1%). Pablo Iglesias sería o líder mellor valorado en España.
Amancio Ortega xa é o rei do ladrillo no Estado, con activos inmobiliarioas baseados en 4.700 millóns de euros. O empresario galego aproveitou a crise para comprar a baixo prezo.
Seis de cada dez mozos españois pensan emigrar para buscar emprego. A mocidade de España e Italia é a máis pesimisto respecto do seu futuro e cre que vivirá peor cós seus pais.
Podemos sería a segunda forza en Cataluña e primeira nas eleccións xerais na autonomía, segundo unha enquisa de El Periódico. CDC e ERC sumarían menos escanos na lista conxunta que por separado.
O motorista de José Sócrates ía periodicamente a París para entregarlle diñeiro en contado, segundo as escoitas da investigación aberta contra o ex primeiro ministro de Portugal.
O ex xerente do PP de Ourense entrega papeis sobre o congreso da Gürtel e o patrimonio de Baltar. Pascual achega a De Lara documentación sobre a presunta corrupción do ex barón que a Fiscalía arquivara en 2012 por "falta de concreción".