A manifestación de Nós-UP percorre tamén as rúas de Compostela. Imaxe de: @nosgaliza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53d22bf210e2e-btysc8riqaagr9i.jpg)
A manifestación de Nós-UP percorre tamén as rúas de Compostela. Imaxe de: @nosgaliza.
Xavier Vence chama a "sumar forzas" para "un gran proxecto" nacionalista de esquerdas pouco antes da saída da manifestación do BNG na Alameda. O voceiro nacional aposta por que todos estean "unidos" arredor das "reivindicacións de país e nación" de Galicia.
Compromiso por Galicia celebra xa tamén os seus actos polo Día Nacional de Galicia cunha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.
Arranca a manifestación do Bloque polo Día da Patria en Compostela. Berros de "Galiza ceive, poder popular" e "Palestina vencerá" nun ambiente festivo con gaitas e batucada.
O rei Felipe VI reivindica unha España "unida e diversa" na ofrenda ao Apóstolo que realiza esta mañá en Compostela e na que lembrou as vítimas da traxedia de Angrois.
O Deportivo celebra o Día de Galicia estreando a súa camiseta coa bandeira do país nun amigable en Colombia. O equipo coruñés caeu 3-1 ante o Deportivo Cali.
As organizacións xuvenís independentistas percorreron onte as rúas de Compostela reclamando soberanía para Galicia. Máis dun milleiro de mozos manifestáronse na véspera do Día da Patria. Imaxe: @galizanova.
Os conselleiros executivos do Ibex-35 cobran 70 veces máis que os seus traballadores. O salario medio dos empregados é de 36.483 euros anuais, fronte aos 2,53 millóns dos directivos.
Emocionada lembranza ás vítimas de Angrois un ano despois da catástrofe. "Queremos luz nesta escuridade", reclamaron familiares dos falecidos e feridos naquel tráxico accidente.
A partir das 22 horas, o Festigal será escenario das actuacións de A Quenlla, Ses, Nao e Festicultores Troupe.