Compromiso por Galicia celebra xa tamén os seus actos polo Día Nacional de Galicia cunha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.

Compromiso por Galicia celebra xa tamén os seus actos polo Día Nacional de Galicia cunha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.
Arranca a manifestación do Bloque polo Día da Patria en Compostela. Berros de "Galiza ceive, poder popular" e "Palestina vencerá" nun ambiente festivo con gaitas e batucada.
O rei Felipe VI reivindica unha España "unida e diversa" na ofrenda ao Apóstolo que realiza esta mañá en Compostela e na que lembrou as vítimas da traxedia de Angrois.
O Deportivo celebra o Día de Galicia estreando a súa camiseta coa bandeira do país nun amigable en Colombia. O equipo coruñés caeu 3-1 ante o Deportivo Cali.
As organizacións xuvenís independentistas percorreron onte as rúas de Compostela reclamando soberanía para Galicia. Máis dun milleiro de mozos manifestáronse na véspera do Día da Patria. Imaxe: @galizanova.
Os conselleiros executivos do Ibex-35 cobran 70 veces máis que os seus traballadores. O salario medio dos empregados é de 36.483 euros anuais, fronte aos 2,53 millóns dos directivos.
Emocionada lembranza ás vítimas de Angrois un ano despois da catástrofe. "Queremos luz nesta escuridade", reclamaron familiares dos falecidos e feridos naquel tráxico accidente.
A partir das 22 horas, o Festigal será escenario das actuacións de A Quenlla, Ses, Nao e Festicultores Troupe.
Vén de comezar en Compostela o Foro pola Quebra Democrática e o Dereito a Decidir que organiza AGE. Participan Xosé Manuel Beiras, Alberto Garzón (Izquierda Plural), Eduard Calvo (CUP), Ander Rodríguez (EH-Bildu) e Gerardo Pisarello (Guanyem). Máis información, en Praza.
Un recurso xudicial de Abanca dispara as alarmas entre os preferentistas. A entidade recorre unha sentenza que lle daba a razón a unha compostelá á que lle debían devolver 80.000 euros. As plataformas ameazan con novas mobilizacións.