A web do congreso #InLugo15 ofrece a crónica, as imaxes e a repercusión en redes do congreso, celebrado a pasada fin de semana en Lugo e no que participou Praza Pública.
Fálase
O Brasil multa a Zara con 246.000 euros por irregularidades laborais nos seus provedores. A empresa xa tivo que comprometerse en 2011 a investir 1,4 millóns para acabar coas prácticas irregulares das subcontratas.
A banca ética multiplica por seis os seus depósitos dende o inicio da crise no Estado. Cóntao Eldiario
Negreira di agora estar aberto a pactar co PSOE no goberno da Coruña no caso de non obter maioría absoluta. Díxoo nunha entrevista en V Televisión
Asociacións xudiciais reclaman maior coordinación tras o crime machista de Ourense
Arestora principia en Lugo o debate entre candidatos á alcaldía organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O BNG propón que unha consulta popular determine o cobramento do IBI á Igrexa por parte dos concellos. Propúxoo cun 'referendo' en Compostela.
Feijóo reivindica ao PP fronte aos partidos que "están ao ditado dun líder de Madrid". Afirmouno nun acto electoral en Arzúa.
Lugonovo presenta a súa nova web, cadrando coa presentación das 50 "ideas forzas" do seu "proxecto de cidade".
Pablo Iglesias atópase xa na Coruña para participar no acto de "unidade popular" da Marea Atlántica ás 19.30 horas no Palexco. Acudirán tamén Yolanda Díaz (EU) ou Antón Sánchez (Anova).