O PP gañaría as eleccións europeas con oito puntos sobre o PSOE, segundo unha enquisa para El Mundo. A candidatura da esquerda onde se inclúe AGE acadaría seis escanos e a de BNG e Bildu, un.
Fálase
#europeas2014 Axenda de campaña
- Francisco Millán: Mitin en Oleiros ás 21:00.
- José Blanco: Visita á plataforma loxística de Salvaterra ás 11:15 e mitin con Besteiro e Elena Valenciano ás 20:00 en Vigo
- Ana Miranda: Visita a Feiraco en Ames ás 10:00 e mitin en Ferrol ás 20:00.
- Lidia Senra: Acto a prol do Sáhara ás 11:30 en Santiago e mitin en Viveiro ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Mitin en Lalín ás 20:00
A Policía incrementa os seus dispositivos de vixilancia para o Parlamento e os membros do Goberno galego. Cóntao Faro de Vigo.
Esta mañá son xulgados 7 dos 13 edís do goberno do Concello de Santiago por presunta prevaricación. Toda a información, hoxe en Praza.
Un edil do PP relatoulle á Fiscalía as presuntas irregularidades do alcalde do Porriño. Cóntao El País.
O Racing de Ferrol cae 2-0 ante o Nàstic de Tarragona no primeiro partido da primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda División A. O equipo galego terá que remontar na Malata.
Ningún dos equipos galegos que loita por subir a Segunda B logrou gañar no primeiro partido das eliminatorias. O Somozas caeu 3-1 ante o Valladolid B, o mesmo resultado co que perdeu o Cerceda ante o Tenerife B. O Boiro caeu na Rioxa ante o Náxara (2-1) e o Pontevedra non pasou do empate (1-1) ante o Portugalete.
Alonso Montero confesa mala relación con Ferrín e sintonía coa Xunta. O presidente da RAG asegura que o galego "non está en perigo".
Rajoy insiste en que apoiar partidos minoritarios é "tirar o voto" nas europeas. Asegura que só as formacións grandes poden ter opcións de influír nas decisións que se toman en Europa.
Anxo Lorenzo di que en Galicia "non hai ningún tipo de problema coas linguas" e carga contra os que "non ven na convivencia de idiomas algo positivo".