Evolución do gasto por ministerios nos Orzamentos xerais do Estado. Gráfico en La Información.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f7becb4c4954-captura.jpg)
Evolución do gasto por ministerios nos Orzamentos xerais do Estado. Gráfico en La Información.
Facenda denuncia a Gerardo Conde Roa por defraudar 300 mil euros, ao non pagar o IVE na venda de 61 vivendas. Máis información en El País.
O alcalde de Lugo seguirá "buscando todas as formas legais" para "defender a súa honra" ante as acusacións de Dorribo. "A ofensa que me fixo o dono de Nupel", acusándoo de prevaricación "é grave porque é mentira", di Orozco, despois de que o Tribunal Supremo non lle permitise querelarse por calumnias contra o suposto líder da trama Campeón.
#SOSFragasdoEume As Novas Xeracións do PP comunican que "se poñen á disposición" da Xunta "para axudar coas tarefas de reforestación das Fragas do Eume"
#PGE. O Goberno prevé que o número de parados aumente este ano en 602.800 persoas, un 12% máis que en 2011, até superar os 5,6 millóns de desempregados, segundo o proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado.
Paro. O BNG amosa a súa "preocupación total" polos datos do paro en Galicia que cre que demostran que as políticas económicas da Xunta e do Goberno central son "total e absolutamente ineficaces para combater a crise".
No vindeiro pleno do Parlamento debaterase a proposición de lei coa que o BNG propón aforrar 100 millóns sen recortarlles aos funcionarios
#SOSFragasdoEume A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, comparecerá no pleno do Parlamento o vindeiro martes a petición propia para falar do incendio das Fragas
#PGE O investimento público en I+D+i sofre un recorte do 25% e a dotación en infraestruturas cae máis do 22%. Redúcense todas as partidas agás as pensións.
#PGE O gasto social cae nun 4,3%, Educación e fomento do emprego sofren recortes de máis do 20% mentres que o pago da débeda aumenta nun 5,3%, ata case o 80% do PIB.