O galego Xavier Labandeira dirixirá a Unidade de Investigación sobre Política Climática do European University Institute, que estuda a nivel europeo o mercado de comercio de emisións de CO2 e o papel das enerxías renovables. Labandeira compatibilizará este posto coa dirección do centro de investigación Economics for Energy e a súa actividade docente e investigadora na Universidade de Vigo
Fálase
Clons de Series Yonkis e Peliculas Yonkis, as maiores webs de descarga de España, volven estar activas na rede baixo un novo dominio (.sx). Os responsables das webs orixinais, que a semana pasada desactivaron os enlaces das series e filmes ante o temor a unha acción xudicial contra eles, estudan iniciar accións legais.
Imputan o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o ex rexedor Paco Rodríguez e a tres concelleiros máis pola adxudicación dunha obra valorada en 593.000 euros en 2008.
A BRIF de Laza informa dun incendio "na zona de Quiroga" no seu primeiro día de precampaña contra o lume
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, apupado no acto institucional da ofrenda floral no monumento 10 de Marzo en homenaxe a Amador e a Daniel. Imaxe de Susete.
O Bos Días da TVG analiza nunha reportaxe a situación dos medios galegos en internet e fíxase nos modelos de Pontevedra Viva e Praza Pública
O vídeo da flashmob realizada hai tres semanas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña na Facultade de Informática achégase ás tres mil reproducións.
A comparsa da Plataforma Sarriana polo Río gañou este domingo o primeiro premio no Entroido na Rúa da vila
Artur Mas insiste en que convocará a consulta aínda que o Goberno "non queira negociar". "Loitamos contra o Estado español, non contra o mundo", lembra.
O PP alimentou a teoría da conspiración do 11M con centos de preguntas parlamentarias. A súa obsesión por vincular o atentado a ETA levárono a facer 400 cuestións ao Goberno de Zapatero.