O economista José Carlos Díez lembra en Cinco Días que "todos os compoñentes do PIB, incluíndo as exportacións, caeron no primeiro trimestre" e destaca que "escoitando a Merkel, Draghi e Rajoy confírmase que segue sen haber indicios de vida intelixente en Europa. Seguimos na negación absoluta da realidade e sen o mínimo sinal de cambio nunha política económica que non nos leva a ningunha parte".
Fálase
A Audiencia Nacional confirma a expulsión do PP como acusación popular na Gürtel.
Desaloxan do Concello do Rosal os afectados polas preferentes que levaban seis meses pechados. O alcalde di que a situación era "insostible".
Un piloto de Iberia desvía un voo entre Madrid e a Coruña para que a pasaxe do avión puidese ver a Muralla de Lugo
Erdogan culpa a grupos extremistas das protestas en Turquía. Hai xa máis de 1.700 detidos.
A OIT critica a reforma laboral por castigar os traballadores e non aumentar a protección social.
Bruxelas decidirá este mes sobre o 'tax lease', segundo vén de anunciar Joaquín Almunia nunha entrevista en Antena 3. "Estamos a piques de resolver a queixa presentada", asegurou.
Dúas de cada tres bolsas de empresas para mozos non inclúen un salario.
A troika publica hoxe as súas conclusións sobre a avaliación da banca española. Trasladou a súa "máxima preocupación" pola evolución do crédito.
Centos de persoas colgaron prendas de roupa na reixa de Navantia na acción artística de Radio Buguina