Esta mañá terá lugar o primeiro dos xuízos contra Povisa pola imposición do convenio provincial. A sesión está prevista para as 10.45 horas no Xulgado do Social número 5 de Vigo.
Fálase
El Diario analiza a paralización dos proxectos de instalación de parques eólicos mariños en España, con ducias de proxectos bloqueados e un escaso interese polo seu desenvolvemento por parte do Goberno central.
O novo director xeral do Corte Inglés, Dimas Rodrigo Gimeno Álvarez, foi candidato da Falange Española Independiente en tres eleccións, as xerales de 1996 e 2000 e as catalás de 1999. Recólleo eldiario.es
Bilbao gasta 50.000 euros ao ano para que os seus concelleiros vaian aos touros. EH Bildu, que renunciou á prebenda, critica este gasto.
O lume iniciado en Oia na tarde de onte leva queimadas xa máis de mil hectáreas e permanece fóra de control. As lapas, que afectan ás parroquias de Lourenza e Burgueira, obrigaron xa a desaloxar 176 persoas das súas casas.
O PSOE confirma que o actual presidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, irá ao Senado tras ser relevado na Presidencia por Susana Díaz. En El Diario
Os documentos da #opsecretfiles2 inclúen unha gravación de audio supostamente realizada en Lugo, con mencións á operación Carioca e a casos de corrupción.
TVE confirma a emisión dunha tourada enmarcada nunhas xornadas "culturais" para o día 1 de setembro. Galicia, mellor sen touradas, reclama que o sinal da canle pública se suspenda en Galicia durante esa retransmisión, en horario infantil.
Comezan a circular por internet os documentos da coñecida como #opsecretfiles2, cuxa difusión se atribúe ao colectivo Anonymous. Supostamente, esta documentación desvela casos de corrupción ligados ao PP e ao Goberno de España.
Novagalicia terá que pagar 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas solo nas súas hipotecas, segundo informa Europa Press na súa web