Novagalicia terá que pagar 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas solo nas súas hipotecas, segundo informa Europa Press na súa web
Fálase
A cooperativa MásPúblico, resposábel da revista La Marea, lanzou unha campaña de crowdfunding para publicar o libro La Uni en la Calle, unha proxecto que fai medio ano levo a docentes e investigadores das universidades públicas da Comunidade de Madrid a cambiar, por un día, as aulas polas rúas e prazas. O libro recollerá en papel 110 de esas clases maxistrais e estará á venda a finais de setembro baixo licenza creative commons.
Os especialistas da ONU que se atopaban en Siria para inspecionar a zona onde supostamente se utilizaron armas químicas abandoaron o lugar despois de que un francotirador disparase contra os oito vehículos da carvana que se dirixía a Ghuta. Irán xa advertiu a EEUU que se intervén en Siria haberá "graves consecuencias" para a Casa Blanca.
Traballadores de limpeza e recollida de lixo da Coruña fan desde hoxe ás 23.00 horas unha xornada de folga en apoio aos empregados de Albada, que tamén se atopan en folga dende o 28 de xullo.
O Goberno central poderá vetar os acordos internacionais das autonomías, segundo o proxecto de lei de Tratados que adianta El País. Coa lei de Acción Exterior xa advertira de que a política exterior autonómica ía estar "supeditada" á estatal.
Unha inxección económica do Goberno de Senegal permite a continuidade do Instituto de Enfermidades Tropicais de Tenerife, afogado polos recortes do Executivo español. Cóntao Canarias Ahora
Segundo publica hoxe El Mundo Cospedal pagou 350.000 euros a Cristóbal Páez, antigo xerente do PP. Esta cantidade é moi superior aos 111.500 euros que legalmente lle correspondían polo seu despido, que segundo este xornal foi unha das condicións que aceptou Mariano Rajoy a Bárcenas para aparentar a saída de éste do PP.
A Operación Pokémon está a piques de facer un ano de segredo sumarial. La Región repasa as persoas presuntamente implicadas na trama.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, calcula que Novagalicia estará vendida en outubro. Asegúrao nunha entrevista a EFE que recolle Galiciaé
As pensións xa representan un terzo das rendas do traballo en Galicia. En Faro de Vigo