O Goberno central poderá vetar os acordos internacionais das autonomías, segundo o proxecto de lei de Tratados que adianta El País. Coa lei de Acción Exterior xa advertira de que a política exterior autonómica ía estar "supeditada" á estatal.
Fálase
Unha inxección económica do Goberno de Senegal permite a continuidade do Instituto de Enfermidades Tropicais de Tenerife, afogado polos recortes do Executivo español. Cóntao Canarias Ahora
Segundo publica hoxe El Mundo Cospedal pagou 350.000 euros a Cristóbal Páez, antigo xerente do PP. Esta cantidade é moi superior aos 111.500 euros que legalmente lle correspondían polo seu despido, que segundo este xornal foi unha das condicións que aceptou Mariano Rajoy a Bárcenas para aparentar a saída de éste do PP.
A Operación Pokémon está a piques de facer un ano de segredo sumarial. La Región repasa as persoas presuntamente implicadas na trama.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, calcula que Novagalicia estará vendida en outubro. Asegúrao nunha entrevista a EFE que recolle Galiciaé
As pensións xa representan un terzo das rendas do traballo en Galicia. En Faro de Vigo
A Xunta dá por controlado o incendio de Cualedro, que xa é o maior do verán tras arder, cando menos, unhas 1.280 hectáreas segundo datos oficiais.
Os bombeiros privados van á folga tras seis anos agardando por un regulamento que fixe as obrigas e dereitos da súa profesión. Cóntao El País.
Praza non se actualizará durante as fins de semana de agosto por descanso do seu persoal. Pasádeo ben!