Nova unanimidade no Parlamento a prol do traspaso da AP-9. A anterior lei, tamén apoiada por todos os grupos en Galicia, foi vetada polo Goberno de España antes de ser tramitada no Congreso. A información do debate, esta mañá en Praza.

Nova unanimidade no Parlamento a prol do traspaso da AP-9. A anterior lei, tamén apoiada por todos os grupos en Galicia, foi vetada polo Goberno de España antes de ser tramitada no Congreso. A información do debate, esta mañá en Praza.
Les Républicains apoian por unanimidade a candidatura presidencial de Fillon, a pesar da súa imputación e de que nas sondaxes é terceiro, a gran distancia de Le Pen e Macron e con escasas opcións de pasar á segunda volta. As eleccións presidenciais francesas celebraranse o 23 de abril e o 7 de maio
Aprobado inicialmente o orzamento municipal da Coruña, despois de que PP e PSOE non acadasen un acordo para impulsar unha moción de censura, pechando o proceso iniciado hai un mes coa moción de confianza presentada por Xulio Ferreiro. Agora ábrese un prazo para que partidos e veciñanza presenten alegacións ao documento
ENCE anula de momento o seu proxecto de instalar unha planta de biomasa en Pontevedra, optando finalmente por Huelva.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra racha coa CEG, un abandono ao que podería seguir o de Ourense. "Esta patronal non nos representa", sinalou o presidente da CEP, Jorge Cebreiros
El Diario dedícalle unha reportaxe aos efectos do glifosato en Arxentina, destacando que segundo estudos oficiais as poboaciones próximas aos campos de cultivo teñen unha taxa de tumores maior que a media
O PSOE teme que Ciudadanos se bote atrás na aposta por presentar unha moción de censura en Murcia. Os socialistas sospeitan que Ciudadanos os pode estar usando para presionar o PP a retirar o presidente murciano, que se resiste a dimitir
11 mulleres máis incorpóranse á folga de fame que o pasado 9 de febreiro iniciaron catro activistas na Porta do Sol de Madrid
Susana Díaz anunciará a súa candidatura a liderar o PSOE coincidindo co 2º aniversario da súa vitoria en Andalucía. Tan só o 19% dos votantes socialistas prefire a Díaz como líder, fronte a un 44% que apoia a Sánchez e un 32% a López. A presidenta andaluza é a favorita dos votantes do PP, segundo unha enquisa de Sigma-Dos
VÍDEO | Vítimas de Angrois esixen ao ministro de Fomento "saber a verdade" sobre o accidente nun acto de Íñigo de la Serna coa comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc, que prevé recibir os representantes da Plataforma Víctimas Alvia 04155. No encontro pediranlle que lidere a nova investigación que reclama tamén o Parlamento Europeo.