Besteiro vota e celebra "o día grande dos socialistas" reiterando que o seu "rival" é Feijóo e non Manel Vázquez. O presidente da Deputación de Lugo coincide con José Blanco na mesa electoral.
Fálase
Rajoy apraza os cambios no PP e no Goberno para principios de 2014. Ten decidido apartar a Arenas e González-Pons da dirección do partido
Compromiso por Galicia denuncia no Parlamento o ocultamento informativo da TVG sobre a petición de investigación de Feijóo ante a Fiscalía.
O incendio de Pontecaldelas xa levou por diante 600 hectáreas e non está extinguido, aínda que si controlado. É unha información da Xunta.
O Goberno español secunda a tese dos Estados Unidos sobre Siria e secunda a posibilidade de atacar o país á marxe da ONU. En El Diario.
Nova condena a Novagalicia de 104.000 euros polas preferentes. A entidade terá que pagar esta cantidade a dous matrimonios enganados.
A Audiencia bloquea unha conta do ex presidente de Pescanova. Intentou mover máis de 5 millóns de euros á China.
- O reitor da USC reivindica ante o conselleiro de Educación o valor da investigación e a necesidade de financiamento público da umiversidade. Toda a información, esta tarde en Praza.
Estudantes, persoal e sindicatos maniféstanse contra os recortes na apertura do curso universitario. Antidisturbios blindan o acto ante as protestas. Máis información, esta tarde en Praza.
O Tribunal Superior de Balears suspende cautelarmente a aplicación do decreto de trilingüismo no ensino impulsado polo Goberno autonómico do PP. O presidente balear, José Ramón Bauzá, apostou por seguir a liña lingüística de, entre outros líderes conservadores, Alberto Núñez Feijóo.