O BCE pide a España unha "estratexia completa" para reestruturar a banca e solicita unha valoración independente dos activos tóxicos e a posible creación dun banco malo para segregalos.
Fálase
#folgaestudantil Milleiros de estudantes e membros da comunidade universitaria manifestáronse convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Á convocatoria de Santiago no Toural uníronse tamén os escasos participantes na convocatoria da Plataforma en Defensa do Ensino Público da Alameda. Imaxe de @gritorojo
#consellodaxunta Feijóo di que a proposta de crear unha banca pública, formulada polo BNG e, con matices, tamén polo PSdeG, non é "nin occidental nin actual"
#consellodaxunta Feijóo rexeita que vaia adiantar as eleccións para facelas coincidir cun posible adianto en Euskadi. "O Goberno ten moito traballo e os gobernos necesitan un goberno", afirma.
#folgaestudantil Na Coruña, a manifestación contra os recortes no ensino público xa percorre o centro da cidade. Imaxe de @traballadoalcoa
#folgaestudantil Milleiros de persoas maniféstanse nas principais cidades e vilas galegas contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino público. A zona vella de Santiago está ateigada de estudantes. Imaxe de @RaquelCespon
#consellodaxunta A Xunta aproba un "protocolo" para as "nais que decidan entregar en adopción" os seus bebés no momento do nacemento en hospitais do Sergas
#consellodaxunta Feijóo ratifica a creación da Axencia Tributaria de Galicia. Mantén que recadará un 20% máis en impostos sen subir ningún tributo.
#consellodaxunta Vinte e catro horas despois da xuntanza con Baltar, o Consello dá "luz verde" á ampliación da área de hospitalización do Complexo Hospitalario de Ourense
Máis de 1.000 traballadores do naval concéntranse no centro de Vigo en defensa do sector Más de 1.000 trabajadores del naval se concentran en el centro de Vigo en defensa del sector nun día de media xornada de paro. Imaxe de @DosOnTheWeb