#folgaestudantil Milleiros de persoas maniféstanse nas principais cidades e vilas galegas contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino público. A zona vella de Santiago está ateigada de estudantes. Imaxe de @RaquelCespon
#folgaestudantil Milleiros de persoas maniféstanse nas principais cidades e vilas galegas contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino público. A zona vella de Santiago está ateigada de estudantes. Imaxe de @RaquelCespon
#consellodaxunta A Xunta aproba un "protocolo" para as "nais que decidan entregar en adopción" os seus bebés no momento do nacemento en hospitais do Sergas
#consellodaxunta Feijóo ratifica a creación da Axencia Tributaria de Galicia. Mantén que recadará un 20% máis en impostos sen subir ningún tributo.
#consellodaxunta Vinte e catro horas despois da xuntanza con Baltar, o Consello dá "luz verde" á ampliación da área de hospitalización do Complexo Hospitalario de Ourense
Máis de 1.000 traballadores do naval concéntranse no centro de Vigo en defensa do sector Más de 1.000 trabajadores del naval se concentran en el centro de Vigo en defensa del sector nun día de media xornada de paro. Imaxe de @DosOnTheWeb
A Delegación do Goberno autoriza unha manifestación de extrema dereita en Madrid para o día da final da Copa do Rei entre o Athletic de Bilbao e o Barcelona. "Contra el separatismo, una bandera", é o lema da marcha convocada por partidos neonazis e de ultradereita.
#folgaestudantil As organizacións estudantís falan xa dun "amplo seguemento" da xornada de folga convocada no ensino medio e universitario contra a suba de taxas e os recortes na educación pública.
Duran pide a marcha do gobernador do Banco de España e solicita a Rajoy que "remate dunha vez" a reforma do sistema financeiro.
A compravenda de vivendas caeu un 30% en Galicia no pasado mes de marzo e en relación ao mesmo mes de 2011. A caída é sete puntos maior á do conxunto do Estado.
O Ministerio de Industria inicia o procedemento para rescatar a central nuclear de Garoña, que seguirá funcionando a partir de 2013, malia a orde de peche do anterior Goberno.