Duran pide a marcha do gobernador do Banco de España e solicita a Rajoy que "remate dunha vez" a reforma do sistema financeiro.
Fálase
A compravenda de vivendas caeu un 30% en Galicia no pasado mes de marzo e en relación ao mesmo mes de 2011. A caída é sete puntos maior á do conxunto do Estado.
O Ministerio de Industria inicia o procedemento para rescatar a central nuclear de Garoña, que seguirá funcionando a partir de 2013, malia a orde de peche do anterior Goberno.
Un concello de Guadalajara pide 7.058 anos para pagar aos seus proveedores.
As críticas ás autonomías contrastan co escaso coñecemento sobre as súas funcións. Só unha de cada tres persoas saben, no conxunto do Estado, que a sanidade depende dos goberno das comunidades. En La Información.
Os traballadores de I+B realizan este venres unha marcha desde a Cidade da Cultura até San Caetano para protestar contra os recortes levados a cabo pola Consellería de Traballo.
Folga de traballadores públicos no Reino Unido. Máis de 400.000 funcionarios manifestaranse esta tarde en Londres contra os recortes e axustes do Goberno británico.
O PSOE amósase a favor da nacionalización de Bankia, aínda que pide ao Goberno que negocie as condicións coa oposición. IU, pola contra, rexeita a medida e pide "unha nacionalización total".
O Goberno cita ao PSOE para explicarlle os plans para Bankia, da que o Executivo controlará o 45% tras a súa nacionalización parcial.
Estes xoves faise oficial, coa súa publicación no DOG, o cesamento de Dolores Galovart como vicevaledora do pobo. Galovart dimitiu tras as declaracións do Valedor sobre a Lei de Dependencia e os recortes.