Estes xoves faise oficial, coa súa publicación no DOG, o cesamento de Dolores Galovart como vicevaledora do pobo. Galovart dimitiu tras as declaracións do Valedor sobre a Lei de Dependencia e os recortes.
Fálase
Máis Galiza apoia as manifestacións convocadas polo 15M e polos traballadores do naval de Vigo para este sábado, lamenta a coincidencia de horarios e pide "unidade de acción en defensa dos dereitos sociais e do Estado do Benestar".
A Liga Estudantil finaliza despois de catro días o seu peche na Biblioteca de Torrecedeira e inicia un diálogo co Equipo de Goberno da Universidade de Vigo
eldiario.es, o xornal dixital que nacerá en setembro, dirixido por Ignacio Escolar, abre o blog Zona Crítica, un espazo "sobre a crise política, económica e ética de España e a eurozona" e anuncia o nome de máis redactores e colaboradores. El Diario terá información local e edicións propias en Catalunya, Valencia, Andalucía, Euskadi, Galicia e Madrid.
O fotógrafo Emilio Morenatti denuncia que La Razón manipulou unha imaxe súa para a polémica portada na que atacaba os estudantes e anuncia accións legais. A orixinal era unha crítica ao poder político dos banqueiros.
Alexis Tsipras, líder de Syriza, tampouco é quen de formar goberno en Grecia, e agora será a quenda do PASOK, o gran derrotado nas eleccións do domingo. Todo apunta a que as eleccións se repetirán en xuño.
Un blog catalán compila 20 portadas infames de La Razón
Alberto Garzón (IU) escribe sobre a nacionalización de Bankia, medida que considera axeitada, pero insuficiente.
Obama apoia finalmente o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fíxoo este mércores pola noite nunha entrevista televisada, despois de meses de dúbidas e recoñecendo que a súa opinión "evolucionara"
O cumio luso-español, celebrado hoxe no Porto, aparca aínda máis a alta velocidade con Vigo. Cóntao Público.pt