Un blog catalán compila 20 portadas infames de La Razón
Fálase
Alberto Garzón (IU) escribe sobre a nacionalización de Bankia, medida que considera axeitada, pero insuficiente.
Obama apoia finalmente o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Fíxoo este mércores pola noite nunha entrevista televisada, despois de meses de dúbidas e recoñecendo que a súa opinión "evolucionara"
O cumio luso-español, celebrado hoxe no Porto, aparca aínda máis a alta velocidade con Vigo. Cóntao Público.pt
ADEGA solicita que a Cova de Eirós sexa a primeira en Galicia en ser declarada BIC, polo seu indubidable valor arqueolóxico e por acharse ameazada pola ampliación dunha mina próxima. Esta tarde solicitou a declaración nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Educación e Cultura. A Asociación sociocultural do Iribio uniuse á petición, o mesmo que distintos persoeiros e expertos, como Felipe Arias, Felipe Senén, Alba Nogueira, Xoán Ramón Vidal Romaní, Aurelia Balseiro ou Antonio Rodríguez Colmenero
Francisco Jorquera cre que "a nacionalización de Bankia será temporal para logo vendela a prezo de saldo".
Un total de 600.000 persoas viven en Galicia en situación de precariedade económica e preto de 100.000 sofren unha pobreza severa, segundo un informe de Cáritas.
O Sindicato de Estudantes "emprenderá accións legais" contra La Razón, segundo informe El Economista, logo de que o xornal sinalara varios mozos na súa portada.
Xornada de loita na sanidade pública. Este xoves 10 de maio haberá concentracións diante dos postos de traballo "para esixirlles aos Gobernos central e autonómico a protección do sistema público de saúde".
Bankia, a un paso da nacionalización. Segundo informa a Cadena Ser, BFA, matriz da entidade, vai pedir ao Estado que convirta en accións os 4.500 millóns que inxectou en 2010 o FROB.