ADEGA solicita que a Cova de Eirós sexa a primeira en Galicia en ser declarada BIC, polo seu indubidable valor arqueolóxico e por acharse ameazada pola ampliación dunha mina próxima. Esta tarde solicitou a declaración nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Educación e Cultura. A Asociación sociocultural do Iribio uniuse á petición, o mesmo que distintos persoeiros e expertos, como Felipe Arias, Felipe Senén, Alba Nogueira, Xoán Ramón Vidal Romaní, Aurelia Balseiro ou Antonio Rodríguez Colmenero